Cuadro de texto:

Os pazos, torres, e castelos de Galiza e as súas liñaxes: A Coruña

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra

Pazo de Callobre

<![if !supportEmptyParas]> 

              Pouco se pode adiviñar do seu pasado pacego, por non ser polo escudo da súa fachada, que representa as armas dos descendentes da liñaxe Vilousaz. Concello de Miño.

Pazo de Carantoña

<![if !supportEmptyParas]> 

              Antiguo solar da liñaxe Carantoña no concello de Vimianzo que aínda luce as súas armas na fachada a pesar da súa ruina.

Torres do Cereixo

<![if !supportEmptyParas]> 

              Un dos pazos máis sinalados de Vimianzo, berce de diferentes liñaxes que o señorearon: Carantoña, Calo, Costa, Taboada, etc.

Pazo de Baltar

<![if !supportEmptyParas]> 

              Convertido en convento a comezos do século XX, foi o fogar da liñaxe trasanquesa dos Lago, situado no concello de Narón.

Torre de Figueroa

<![if !supportEmptyParas]> 

              Pazo que foi reformado no século XVII, enclavado nas Mariñas coruñesas de Abegondo, solar da liñaxe Figueroa.

Pazo de Meirás

<![if !supportEmptyParas]> 

              Edificado no século XIX no concello de Sada, por Dona Emilia Pardo Bazán, é o noso pazo máis polémico.

Torre da Nogueira

<![if !supportEmptyParas]> 

              Torre recentemente restaurada que fora señorío da liñaxe dos Bermúdez de Castro, situada no concello de Coristanco.

Pazo de San Sadorniño

<![if !supportEmptyParas]> 

              Pazo con orixes no século XVI, fogar dos poderosos Andrade de San Sadorniño, no concello do mesmo nome.

Pazo dos Barreiros

<![if !supportEmptyParas]> 

              Pazo moi reformado enclavado na parroquia de San Clodio, no concello de Ortigueira, fundado no século XVII pola liñaxe Alfeirán.

Pazo de Mariñán

<![if !supportEmptyParas]> 

              No concello de Bergondo atópase un dos pazos máis coñecidos de Galicia, en tempos señoreado polas máis nobres liñaxes galegas.

Casa do Monte

<![if !supportEmptyParas]> 

              Comezado a construír a mediados do século XVIII, pola liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, Señores de Xuvia, Caranza, e Stª Icía de   Trasancos.

Pazo de Montecelo

<![if !supportEmptyParas]> 

              Situado en Pantaión das Viñas (Paderne), foi o fogar dos Señores de Silán e Codesido, habitado polas liñaxes Faxardo de Andrade, e Bemúdez de Castro.

<![if !supportEmptyParas]> 

Torres de Romelle

<![if !supportEmptyParas]> 

              Pazo do século XVI con excelentes xardíns, sito no concello de Zas, solar da liñaxe dos Caamaño.

Pazo de Cornide

<![if !supportEmptyParas]> 

              A súa esvelta arquitectura convérteo nun dos máis elegantes pazos urbáns de Galicia. Edificado no século XVIII na Coruña pola familia Cornide Saavedra.

Pazo de Vilar de Ferreiros

<![if !supportEmptyParas]> 

              Enclavado na parroquia de Visantoña, no concello de Santiso dende a súas torres vixía o percorrer da ruta xacobea .

Torre de Xunqueiras

<![if !supportEmptyParas]> 

              Iste conxunto pacego situado na Pobra do Caramiñal, foi morada da liñaxe dos Xunqueiras, que recaerá nos seus descendentes os Pardo das Mariñas no s. XVI.

XOR

Xenealoxías do Ortegal

XOR - Xenealoxías do Ortegal © Todos los Derechos Reservados

Safe Creative #0912115102145